ConcellosO BarcoÚltima hora

Os cultos regresarán á igrexa de Santa Rita (O Barco) o 13 de maio para o inicio da novena

Praza do Príncipe, no Barco, coa igrexa de Santa Rita ao fondo. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un mes despois do inicio das obras, a reparación das goteiras que afectaban ao tellado da igrexa de Santa Rita, no Barco, esta xa rematada. Así o adianta o párroco Tomas Rodíguez Carbajo, asegurando que os traballos concluíron esta mesma semana e os operarios están xa retirando os andamios.

Malia que nun principio o propio sacerdote dubidaba que se poideran celebrar os cultos de Santa Rita previstos para mediados de mes neste templo, a conclusión das obras en tempo e forma si o permitirá. Así, a igrexa abrirá de novo as portas aos cultos o vindeiro xoves 13 maio para o inicio a novena de Santa Rita que se celebrará en horario de mañá ás 8:15 e de tarde ás 20 horas.

Con respecto aos cultos na honra á santa, o vindeiro 22 de maio, o párroco barquense asegura que a estas alturas aínda non sabe cantas misa haberá nin os horarios.

Unha vez que se recupere a actividade regular, volverán a celebrarse os cultos como antes, “entre semana en San Mauro e o domingo en Santa Rita”, conclúe Rodríguez Carbajo.

Artigos relacionados

Back to top button