CulturaCulturaÚltima hora

Os debuxos, guaches, grabados e óleos de Xesús Trincado, na Casa da Cultura da Rúa

O artista, natural de Vilela, exporá a súa obra Anhelos + Encuentros = Amor do 13 ao 26 de abril
Cartel da exposición de Xesús Trincado.

Pintura ao óleo, acuarela, aguadas, guaches; debuxo a plumilla, grabados e escultura en madeira, bronce e barro. Son os diferentes xéneros e técnicas nos que se move a obra de Jesús José González Trincado e unha boa mostra poderá verse do 13 ao 26 de abril na Sala de Exposicións da Casa da Cultura da Rúa.

Natural de Vilela (A Rúa), Xesús Trincado leva realizadoo numerosas exposicións individuais e colectivas dentro e fóra de España e en Anhelos + Encuentros = Amor, amosa o “anhelo de visitar Cuba, pero non como turista, senón como artista, permanecendo un período de tempo suficiente como para interiorizar esa experiencia e traballar a través dela, de forma que puideran engadir ás vinte pezas (entre fotografías e pinturas) que trouxo con el, outras realizadas na illa”, explica Juan Carlos Mejías Ruíz, especialista do Consejo de las Artes de Camagüey (Cuba).

A inauguración da exposición será este sábado ás sete da tarde e o horario de visitas, de luns a sábado de 17 a 21h. e festivos de 12 a 14h.

Artigos relacionados

Back to top button