OurenseÚltima hora

Os departamentos xurídico e de prevención de riscos laborais da CEO atenden multitude de cosuntas ante a crise do coronavirus

Boa parte delas refírense ás medidas preventivas que deben adoptarse nas actividades que siguen funcionando, "con principal preocupación polos equipos de protección individual (EPIS) que son necesarios en cada caso, fundamentalmente pola imposibilidade de acceder a algúns deles, como as mascarillas", din dende a organización empresarial

A crise provocada polo coronavirus trastocou o ritmo normal e está tendo importantes efectos en empresas e traballadores. Ante isto e tendo en conta a gran cantidade de información xerada polas resolucións do Goberno e autoridades sanitarias, a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) continúa traballando “telematicamente para responder ás dubidas dos seus asociados e do tecido empresarial en todas esas materias, sometidas estes días a cambios, novidades e especificacións importantes que axudarán a sobrelevar o mellor posible as consecuencias desta paralización case total da actividade económica e empresarial”, din dende esta entidade empresarial.

Neste senso, os distintos departamentos da CEO elaboran periódicamente sínteses e resumos de todas estas medidas cos asuntos fundamentais que afectan ás empresas, “co fin de facilitar a comprensión e actuación en cada centro de traballo ou sector”.

Ademais departamentos da CEO como o Xurídico ou de Prevención de Riscos Laborais recibiron un aluvión de consultas sobre actuacións especiais no ámbito laboral por motivo do estado de alarma. “O Gabinete de PRL da CEO atendeu consultas referidas ás medidas preventivas que deben adoptarse nas actividades que siguen funcionando, con principal preocupación polos equipos de protección individual (EPIS) que son necesarios en cada caso, fundamentalmente pola imposibilidade de acceder a algúns deles, como as mascarillas”, din dende a CEO.

Otro tipo de consultas xiran en torno aos procedementos para desinfectar lugares de traballo nos que xa se ten producido algún contaxio por Covid-19 ou que poida producirse no futuro. No ámbito laboral, o departamento Xurídico da CEO atende consultas, sobre todo, relacionadas cos ERTE, a necesidade ou non de subministrar certificados aos traballadores que siguen acudiendo ao seu posto, ou trámites de todo tipo que hai que levar a cabo coa administración a causa do estado de alarma e a pandemia.

Ademais moitas empresas e sectores están notificando á CEO a falta de material para protección, como guantes e mascarillas para desenvolver con total garantía a súa actividade e eludir así o contaxio do virus. “Estamos intensificando os contactos con Sanidade e outras administracións para tratar de dar resposta a esta falta de material básico”, din dende a CEO.

Neste senso, a confederación lembra que para solventar éstas e outras consultas, o seu persoal “continúa traballando a porta pechada e de maneira telemática para poder facilitar a adopción destas medidas, resolver dúbidas e facer máis levadeiro, na medida do posible, o traballo das empresas que siguen operativas”.

Máis información:
http://www.ceo.es/informacion-covid-19/

Artigos relacionados

Back to top button