PolíticaÚltima hora

Os deputados Davide Rodríguez e Paula Quinteiro tamén piden á Xunta medidas ante a seca no oriente ourensán

A situación de seca que padece esta parte da provincia volve a levarse ao Parlamentop galego a través dunha proposición non de lei que vén de rexistar na cámara este deputado de En Marea pola provincia de Ourense
O deputado por Ourense de En Marea Davide Rodríguez.

A problemática de seca que padecen os concellos e as explotacións agrogandeiras e apícolas da montaña da parte oriental da provincia de Ourense lévase de novo ao Parlamento galego. Desta volta é a través dunha proposición non de lei rexistrada polo deputado de En Marea por Ourense Davide Rodríguez, de Manzaneda, xunto a tamén deputada Paula Quinteiro. Nela solicitan ao Parlamento galego que inste á Xunta “a constituír unha mesa de diálogo cos/as axentes afectados/as pola seca para debater propostas que permitan paliar os seus danos e deseñar estratexias que permitan abordar situacións similares nos anos vindeiros”.

A da seca é unha situación que “dende En Marea xa se ten traballado, tanto directamente cos/as diversos/as axentes afectados/as (agricultores/as, produtores/as, veciñanza…) como presentando diversas iniciativas no Parlamento galego”, sinalan dende esta formación política.

Tamén se lembra que se levan encadeando “cinco estacións consecutivas con precipitacións por baixo da media, o que se traduce nunha seca que está causando severos problemas de abastecemento de auga a moitos municipios, sobre todo na provincia de Ourense, problemas que se deberan ter previsto con anterioridade, posto que Galicia leva en prealerta desde fai nove meses, mais non foi así, e o goberno da Xunta non tomou medidas en todo ese tempo nin para evitar que a ausencia de choiva causara estragos ás familias e negocios, xerándolles unha maior situación de risco, nin para combater con maior contundencia o cambio climático”.

Expoñen ademais no documento presentado que as precipitacións, as xeadas e a seca estragaron numerosas colleitas, “chegando a mingualas nalgúns casos ata o 50%, e obrigaron a moitos/as gandeiros/as a empregar forraxe que estaban gardando para o inverno ao non haber pastos abondo en moitas zonas de Galicia”.

Nesa liña esta formación política apunta que “agora que a Xunta anunciou que decretará alerta por seca en polo menos 6 das 19 cuncas da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, en En Marea entende que é o momento de que se repare o feito mal ate agora e se pacten medidas a adoptar no futuro”.

Artigos relacionados

Back to top button