PolíticaÚltima hora

Os deputados de En Marea recollen as súas actas no Parlamento galego

Entre as iniciativas que defenderán na nova lexislatura figura unha Lei de Comarcalización
Os deputados electos de En Marea, no Parlamento galego.
Os deputados electos de En Marea, no Parlamento galego.

Tras a entrega das súas credenciais no Rexistro do Parlamento Galego, os catorce deputados de En Marea na décima lexislatura recollían na mañá do 13 de outubro as súas actas de parlamentarios. Entre eles estaban os dous ourensáns: Davide Rodríguez e Ánxeles Cuña. De seguido, o portavoz da formación, Luís Villares, explicaba cales serán as prioridades deste grupo parlamentario durante os vindeiros meses. “Estarán encamiñadas a buscar o crecemento económico vinculado ó benestar social, á loita contra a probreza e a exclusión social e en terceiro lugar a loita contra a corrupción”, anunciaba.

Estas liñas de actuación materializaranse nunha serie de iniciativas, entre as que estarán a esixencia dun Plan integral de loita contra a pobreza que poña fin aos desafiuzamentos. Outra das iniciativas será unha Lei de Comarcalización “para asegurar que todo o mundo con independencia do lugar no que viva vai ter acceso a todos os servizos esenciais de carácter básico”, segundo Villares.

En materia de transparencia, En Marea reclamará no Parlamento Galego unha comisión de investigación de Angrois. O grupo parlamentario tamén trasladará á Cámara galega todos os conflitos laborais que están neste momento de actualidade. A vindeira cita que teñen os deputados co Hórreo será o próximo 21 de outubro, data na que se constituirá oficialmente o novo Parlamento Galego da X Lexislatura.

Artigos relacionados

Back to top button