ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os deseños de Jorge de Álvarez, nunha exposición de moda en Viana do Bolo

O modisto e estilista vianés amosará pezas das dúas coleccións coas que ganou sendos premios de moda

 

Tenos acostumados a organizar desfiles dos seus propios deseños e mesmo a vestir a presentadoras (como Tania Fuegho da TVG) e modelos (como a barquense Diana Ortiz), pero o estilista e deseñador vianés Jorge Álvarez vai agora máis alá e pretende dar a coñecer o seu traballo como modisto, dun xeito diferente.

“Nos desfiles, a xente non é consciente do traballo que hai detrás de cada deseño. Os bocetos, os patróns, a costura,… Horas de traballo e noites sen durmir para chegar á prenda final que se ve sobre a pasarela. Iso é o que quero que a xente vexa, o proceso completo, dende a idea orixinal e o debuxo ata a prenda rematada”, explica o propio Jorge. Por iso ocorréuselle organizar unha exposición de moda coas súas últimas coleccións, premiadas en sendos concursos galegos de xoves deseñadores, que permanecerá aberta do 7 de decembro ao 7 de xaneiro na Sala de Exposicións de Viana do Bolo.

 

Jorge Álvarez, modelo, estilista e modisto. /Foto: Estela Barone.

 

A primeira colección, Royalti está inspirada nas realezas española e francesa, e formada por catro deseños realizados en teas brocadas e encaixe de Camariñas dourados. “Son deseños sen xénero que demostran que calquera persoa pode ser unha raíña”, do Jorge, que valeron o Primeiro Premio na Mostra do Encaixe de Camariñas 2018.

A segunda colección, Metamorfosis, está inspirada nos anso 30, nas festas clandestinas nas que os homosexuais se travestían para poder ser eles mesmos. A pedrería e as plumas son a esencia desta colección que resultou gañadora do premio DS Midnigth Fashion de Mondariz 2019.

En total son 30 os deseños que formarán parte da mostra coa que Jorge Álvarez pretende demostrar que “no rural tamén se pode facer facer este tipo de cousas”. A inauguración será o 7 de decembro ás oito da tarde e haberá petiscos para aos asistentes.

 

Cartel da exposición creado por Estela Barone.

 

Fotos da galería: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button