Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Os desfiles centraron a actividade de Celebra 2015

Máis de 5.500 persoas visitaron Expourense atraídas polo Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais, e a Feira de Antigüidades

Cun 8% máis de expositores con respecto a edición anterior remataba a 16ª edición de Celebra 2015 que vén de posionarse como “unha das grandes citas dos organizadores de eventos de Galicia e unha referencia que non se perden as familias que están a preparar unha voda, bautizo, comuñón ou calquera tipo de celebración”, aseguran dende Expourense.

Os 65 stands presentes en Celebra (o 80% procedían da provincia de Ourense) ofreceron calidade, deseño e orixinalidade nos seus produtos e servizos, pero unha vez máis foi a pasarela de moda nupcial e festa a que atrouxo a maior número de asistentes. De feito o número de empresas que quixeron participar nesta actividade, levou á organización a celebrar tres pases diferentes, un o sábado e dous o domingo.

Na pasarela participaron unha quincena de empresas e nela pudo verse dende a noiva máis clásica con encaixe e pedrería, ata noivas con transparencias de encaixe. Apostando por unha noiva máis moderna e informal, incluso se viron modelos con sudadera e zapatillas, así como nais e fillas conxuntadas para asistir a eventos. Os desfiles, organizados pola Axencia Luena con Manuel Varela ao fronte, contaron asemade con moda de festa así como os traxes de noivo, de comuñón e festa para os máis pequenos.

Os visitantes que se achegaron ata o recinto esta fin de semana puideron asistir asemade á 2º Feira de Antigüidades, con artigos achegadas ata o pavillón de Expourense dende toda a xeografía española e tamén dende Portugal e Francia.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button