ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

Os devotos de Santa Rita renden culto á súa reliquia

As rosas, que os fieis pasan pola imaxe da Santa, é un dos principais símbolos desta celebración

 

Santa Rita de Casia é unha das santas que máis devoción esperta, non só no Barco, senón en toda Valdeorras e mesmo no Bierzo e así quedaba demostrado unha vez máis na mañá deste domingo 22 de maio con centos de fieis rendéndolle culto no interior da igrexa que leva o seu nome na céntrica praza do Príncipe.

 

 

Alí, unha vez finalizada a misa das 11 da mañá, como vén sendo tradición, os fieis acercábanse á imaxe da Virxe cos seus ramos de rosas, un dos símbolos desta celebración (tamén lle deixaban moitas na igrexa) e despois rendían culto á reliquia de Santa Rita. Antes da pandemia a xente bicábaa pero agora o acto limítase a unha reverencia simbólica.

 

 

De seguido a imaxe de Santa Rita, obra do escultor barquense Xelo de Tremiñá, saía en procesión polas rúas do Barco.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button