Os disfraces do “Carnaval Veneciano” gañan o concurso de Viana do Bolo no apartado grupal

Os gañadores do primeiro premio do concurso de disfraces de Viana do Bolo.

O ano pasado quedaron segundos e este ano lograban o primeiro premio. Jorge Álvarez, Miriam Rodríguez e Jordi Álvarez foron os gañadores do concurso de disfraces celebrado na madrugada do 13 de febreiro na praza Maior de Viana do Bolo.

Despois dunha intensa semana de Entroido e trala Queima dos Lardeiros, a vila vianesa celebraba, ao ritmo da discomóbil “A Gramola”, o tradicional certame con dúas categorías: individual e grupal. O trío vianés facíase co primeiro premio no apartado de grupos, cuns espectaculares traxes elaborados a man sobre o Carnaval Veneciano.

 

Jorge, Miriam e Jordi.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies