En portadaSanidadeÚltima hora

Os dous primeiros positivos por coronavirus da comarca trivesa

Así o confirman os Concellos de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río nun comunicado conxunto

 

Nun comunicado conxunto publicado a través das rede sociais, os Concellos da Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río veñen de confimar os dous primeiros positivos por coronavirus detectados na comarca das Terras de Trives. Trátase dunha parella do municipio trivés.

“Fai escasos minutos recibimos a noticia de que dous veciños da Pobra de Trives veñen de dar positivo nas probas do COVID-19. Dende o comité de emerxencia da Área Sanitaria do PAC de Trives (Río, Trives e Manzaneda) cremos que a cidadanía que mellor loita contra o coronavirus é que está mellor informada. Por iso sacamos este comunicado de urxencia (…) para que todo o mundo coñeza a realidade e extreme as medidas de seguridade”.

Ademais no comunicado pídese á cidadanía “tranquilidade, pero, ao mesmo tempo, extremar as precaucións e medidas que dende o primeiro día vos estamos comunicando”.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close