OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas comezan un novo ano de voluntariado medioambiental

 

Ao pé do canón coma sempre e cunha chea de actividades arrancaban os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense o no 2022. Para empezar, asistían na clase a unha interesante charla de concienciación sobre o alcol co Plan Proxecta ‘Apuntámonos a non beber’. “Trátase de atrasar a idade de inicio no consumo desta droga legal tan intrincada na nosa sociedade”, explica o profesor Gonzalo Sánchez Busóns, engadindo que aprenderon sobre gradación, tipos ou efectos “para saber dicir non e non ceder á presión de grupo. Lembramos que o alcol conleva botellóns e limpeza de botellas e vidros, e diso sabemos moito”.

 

135 kg de tapóns solidarios entregado no Centro Ocupacional Discapacitados Psíquicos de Verín.

 

A seguinte actividade era de concienciación viaria. Así os Ecovixiantes botábanse ás rúas para realizar un estudo sobre as condutas tanto de peóns como condutores/as. “Estudaremos os hábitos acerca de se somos bos ou malos peóns, dentro do Programa Stars España de desprazamento sostible e seguro”, di Sánchez Busóns.

Pilas e tapóns foron o outro eixo de traballo deste voluntarioso grupo. “Estamos a piques de comezar a III Liga Pilabot de Pilas Usadas e ademais levamos 135 kg de tapóns solidarios a Verín, ao Centro Ocupacional Discapacitados Psíquicos. Tamén temos programada a visita do Plan Proxecta Recíclache con Sogama, onde ademais depositamos 37 kg de envases lixeiros nesta última actuación”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button