OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense limpan o regato de Reza dentro da campaña ‘1 m2 pola Basuraleza’

 

Non podía ser doutro xeito e nesta semana os Ecovixiantes de Francisanas de Ourense participaban na campaña nacional ‘1 m2 pola Basuraleza’, nesta ocasión dedicada a ríos, lagos e encoros. “A nosa actuación seguiu o regato de Reza ata chegar ao Monte do Seminario e na Urbanización Miradoiro do Miño, atopamos o nunca visto: unha entulleira incontrolada onde a Basuraleza cóntase por miles: neumáticos, lamias, caldeiros, baterías, cables…”, explica o profesor Lalo Sánchez.

 

 

Para levar a cabo o seu labor de limpeza medioambiental, os Ecovixiantes contan con material de protección cedido por Ecoembes, a quen agradecen a colaboración así como ao propio Proxecto Libera. Tamén fixeron uso dos chalecos de mobilidade sostible e segura, dentro do Programa Stars España, contando coa colaboración especial de Luís Amigo de Aula da Natureza de Oira e o seu can ecoloxista Baloo.

Ademais clasificaron pilas e tapóns solidarios que levan ao centro de discapacitados de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button