OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Ourense participan nunha campaña nacional en defensa dos bosques

O alumnado de Gonzalo Sánchez en Franciscanas participa no Proxecto Libera e Ecoembes 1m2 polos Bosques

 

O grupo de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense está inmerso na campaña nacional do Proxecto Libera e Ecoembes 1m2 polos Bosques. Así, a través do programa Stars España, o alumnado acudía na xornada do sábado 19 de decembro á Aula da Natureza de Oira, conde colaborou na recollida de alimentos no punto instalado por Protección Civil.

Os mozos, guiados polo profesor Gonzalo Sánchez, tamén participaron na colocación dunha decena de cinceiros realizados con material reciclado; así como na limpeza do Bosque de Oira, recollendo todo tipo de residuos (un televisor, un sofá, neumáticos, latas, botellas, plásticos…)

O alumnado de Gonzalo Sánchez é persistente no seu coidado polo medio ambiente e na xornada do sábado tamén levaron árbores para reforestar en zonas queimadas.

 

Na limpeza do Bosque de Oira tamén recolleron rodas.

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button