OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, premiados no programa “Recíclate con Sogama”

Conseguían o segundo premio na categoría de 5º e 6º de Primaria

 

O traballo ten a súa recompensa, por iso, xunto antes de coller as vacacións de verán os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, alumnado do Colexio Divina Pastora MM recibían un novo recoñecemento ao seu incansable labor de coidar a “casa común”, é dicir, o planeta.

Conseguían o segundo premio na categoría de 5º e 6º de Primaria no programa “Recíclate con Sogama” deste curso 2020-21 baixo o lema “Recicla para salvar ou medio ambiente”, un premio ao que non só contribuíron os alumnos senón tamén o profesorado, coordinado por Lalo Sánchez que realizaba un gran labor neste ano tan complexo.

“Recíclate con Sogama” é un programa de educación ambiental canalizado a través do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que ten por obxectivo promover a participación e implicación da comunidade educativa na xestión sostible dos residuos urbanos mediante o consumo responsable, a menor produción de refugallos e o fomento da reutilización e a reciclaxe. Para facilitar esta tarefa, os centros dispoñen dunha pequena infraestrutura achegada por Sogama denominada “illa de reciclaxe”, conformada á súa vez por tres contedores de 120 litros de capacidade cada un (amarelo, para as latas, briks e envases de plástico; azul, para o papel/cartón; e verde, para a fracción non reciclable).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button