OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas gañan o VII certame literario “Relatos de Auga Intelixente”

O alumno Gabriel Gallego Salgado obtivo o segundo posto en Relato Creativo por "Cambia tu vida, no tu planeta"

 

O Colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense e os seus Ecovixiantes resultaron gañadores do VII certame literario “Relatos de Auga Intelixente” organizado por Viaqua, subministradora da auga en 50 municipios galegos.

Dirixido a alumnos de entre 12 e 17 anos de centros educativos das localidades nas que xestionan o servizo, o obxectivo deste concurso é “contribuír á difusión da cultura da auga, implicar á mocidade no uso sostible deste recurso e no coidado do medio ambiente, a través da literatura”. Nesta e dición a temática xirou en torno ao impacto que teñen os produtos non degradables no medio e nas redes de saneamento (toalliñas, bastonciños, compresas, tampóns, máscaras,…) ao desbotalos polo retrete en lugar de no lixo. A finalidade co certame é pois “concienciar sobre os problemas sociais, económicos e ambientais derivados dun mal uso do sistema de saneamento, así como as medidas que se poden empregar nas cidades e núcleos de poboación de menor tamaño, e non noso día a día, para conseguir vivir nun mundo máis sostible”, explican dende Viaqua.

 

 

Os Ecovixiantes gañaron por sexta vez o Premio Colectivo e o alumno Gabriel Gallego Salgado obtivo o segundo posto en Relato Creativo por Cambia tu vida, no tu planeta. A participación do colexio estivo coordinada polos profesores Jaime e Gonzalo, encargados de entregar os diplomas ao alumnado participante.

Ademais de coñecer o fallo do xurado, este luns 26 de abril comezaba en Franciscanas a Semana da Froita, para promover hábitos de vida saudable depositando no compostador do horto escolar os restos orixinados. Xa dentro das actividades de reciclaxe, auspiciadas por SOGAMA, os Ecovixiantes clasificaron unha semana máis, os tapóns solidarios reunidos no colexio que máis tarde son levados a Albarellos de Monterrey; iniciando ademais o programa “20 Anos de Proxecto Terra” no que o alumnado se converte en inspector/a urbanístico para coidar do patrimonio e da paisaxe. “O material compleméntase con libros de Os Bolechas, sobre a concienciación sobre a reciclaxe”, explica o profesor Lalo Sánchez.

 

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button