OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas, na campaña nacional 1m2 por praias e mares

 

Co inicio do novo curso escolar, os Ecovixiantes de Franciscanas comezan a súa participación na campaña nacional 1m2 por praias (tanto fluviais como mariñas) e mares do Proxecto Libera, SeoBirdLife e Ecoembes.

Así o pasado 22 de setembro, Día sen Conches dentro da Semana Europea da Mobilidade, os cativos acompañados polo profesor, Lalo Sánchez, desprazáronse ata a prai fluvial da Antena no río Miño ao seu paso por Ourense, para recoller 52 kg de residuos, multitude de cabichas, mascarillas e envases de plástico. Uns días antes, o 18 de setembro “recibimos un pack de participación con bolsas de lixo, luvas protectoras e unha balanza para pesar os residuos, así como unha sesión informativa para os organizadores das recollidas”, explica o profesor, adiantando que tamén comezaron co Plan Proxecta Recíclate con Sogama coa clasificación de tapóns solidarios e pilas usadas.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button