OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas retiran máis de 300 kg de lixo do río Loña en Ourense

Tamén fixeron a primeira entrega do curso de tapóns solidarios e un obradoiro de aves

 

Moitas foron as persoas que se mollaron este ano polos ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todos co mesmo obxectivo: coidar os ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.

A XIV Limpeza Simultánea de Ríos organizada por Adega, celebrouse en 51 concellos de toda Galicia. En cada localidade a actividade foi coordinada por diferentes entidades, dende asociacións ecoloxistas, culturais… ata fundacións, centros de ensino e concellos, chegando ás 67 entidades, incluso houbo concellos nos que participaron varias asociacións limpando diferentes ríos. Este ano fíxose a limpeza en 50 treitos de río e participaron 793 persoas.

 

 

Na cidade de Ourense, eran os Ecovixiantes de Franciscanas os que participaban nesta iniciativa organizada por Adega, limpando un tramo do río Loña onde se cuantificaron máis de 300 kilogramos ao retirar tres grandes rodas e unha pesada tubería. “Unha participación moi alta destes gardiáns do medio”, aseguran os profesores Cristina e Lalo que acompañaron aos cativos.

Tapóns Solidarios

Esta semana, os Ecovixiantes de Franciscanas realizaban tamén a primeira entrega de tapóns solidarios en Albarellos de Monterrey. O alumnado de Gonzalo Sánchez entregou 93 quilogramos de solidaridade para axudar a nenos necesitados, poñendo en marcha unha nova campaña de voluntariado ambiental e solidario.

 

 

Obradoiro de aves

Outra das actividades realizadas esta semana polo equipo dos Ecovixiantes, foi a preparación do Día das Aves, cun obradoiro no que se elaboraron máscaras e papel cheos de creatividade, con imaxes de  paxaros da Ribeira do Miño na cidade de Ourense: biluricos, lavandeiras, estorniños, gorrións, vencejos…

 

Artigos relacionados

Back to top button