OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Ourense celebran o Día das Zonas Húmidas

Analizaron na agua do río Loña parámetros coma o osíxeno disolto, a temperatura, a turbidez, os nitratos ou a dureza

 

En conmemoración do Día das Zonas Húmidas, no 50 aniversario do Convenio de Ramsar, Irán (o primeiro tratado ambiental moderno), os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, acudían na xornada do 3 de febreiro ao Parque Lonia, para “poñer en valor a súa riqueza, a importancia da agua (un ben escaso), así como a influencia no cambio climático”, explica o coordinador do grupo, Gonzalo Sánchez Bousóns. El mesmo explica que dentro o mostreo do Proxecto Ríos, analizaron na agua do río Loña parámetros coma o osíxeno disolto, a temperatura, a turbidez, os nitratos ou a dureza.

 

Botando herbas e restos de froita no compostador do colexio.

 

Ademais, tal como levan facendo nas últimas semanas, colocaron unha decena de cinceiros reciclados e recolleron cabichas coa axuda de Ecourense e Ecoembes.

E “como empezamos Semana da Froita, dentro do programa de Hábitos Saudables, levamos en bolsas de Sogama follas e herbas para o compostador que nos regalaron para o colexio”, conclúe Sánchez Bousóns.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button