OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Ourense celebran o seu particular Samaín recollendo lixo

Tamén celebraban a xornada de tapóns solidarios e pesaxe das pilas usadas entregadas no colexio

 

Nova xornada de limpeza para os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, nesta ocasión celebrando o Samaín ou Halloween, no Parque Camiño Caneiro, con final de xornada fomentando hábitos de vida saudable na Pista Roja.

“Ataviados con disfraces terroríficos para darlle un susto de medo á suciedade, que afortunadamente é cada vez menor, recollimos botellas e envases plásticos, que unimos aos xerados no colexio, dentro do Plan Proxecta Recíclate con Sogama”, explica o profesor Lalo Sánchez.

Tamén limparon a rúa de mascarillas e cabichas acabando a xornada cun partido de baloncesto e outro de fútbol onde o Sporting Sogama vencía ao Atlético Pilabot por 3 goles a 1 con otro hat trick do profesor. Esta actividade enmárcase no Programa Stars España de desprazamento sostible e seguro.

 

 

Tapóns solidarios e pilas usadas

Uns días antes da limpeza de Samaín e como cada semana, os Ecovixiantes celebraban o luns de tapóns solidarios e pesaxe das pilas usadas entregadas no colexio.

Desta volta foron engarrafados uns 500 kg de pilas usadas, enchendo ademais unhs vintena de garrafas de tapóns rumbo a Albarellos de Monterrey.

“Ademais reutilizamos os envases de xel do Covid para recoller o material escolar que o alumnado vaia terminando”, engade Lalo Sánchez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button