OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Ourense, no proxecto “1m² por ríos, encoros e pantanos”

 

Ademais da campaña “Únete ao Reto”, de Ecoembes; do programa STARS España, desprazamentos sostibles; e do plan proxecta “Recíclate con Sogama”, os Ecovixiantes de Franciscanas participaron tamén no proxecto “1m² por ríos, encoros e pantanos”, un encontro anual colaborativo para recoller basuraleza dos entornos naturais.

“A través dunha convocatoria cidadá saímos todos ao monte, á praia ou á nosa zona natural máis cercana para intentar reducir a cero o lixo e residuos. No noso caso acudimos á Praia da Antena, no río Miño, en Ourense cidade”, explica o profesor de Ecovixiantes, Gonzalo Sánchez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button