OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Ourense realizan a mostraxe de outono do Proxento Ríos, no Loña

Tamén entregaron 125 kg de plástico (Tapóns Solidarios) en Albarellos de Monterrey

 

Un curso máis os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense están inmersos no Proxecto Ríos, realizando a mostraxe de outono na zona apadrinada do Loña preto da súa desembocadura, no Parque Lonia. Alí, tal como explican o profesores que acompañaron aos mozos, Cristina e Lalo, constataron o bo estado da auga, cos seus parámetros de Ph, nitratos, dureza, turbidez, osíxeno disolto, temperatura, velocidade,… observando ademais o bosque de Ribeira e a fauna do Río.

O Proxecto Ríos en Galicia, nace en 2005 coordinado por ADEGA, cos propósitos de “divulgar a situación ambiental dos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través dá participación cidadá e achegar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente prográmasnos de educación e voluntariado ambiental”. Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dous organismos Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.

Os Ecovixiantes tamén teñen en marcha o Plan Proxecta Recíclate con Sogama e na mesma xornada e como vén sendo habitual, depositaron bolsas de envases lixeiros no seu contedor correspondente, ataviados cos chalecos amarelos do Programa Stars España dentro do Plan Mobilidade Sostible e Segura.

 

Recollendo mostras de auga no río Loña, en Ourense.

 

Tapóns Solidarios

A solidariedade e o voluntariado tampouco paran en Franciscanas de Ourense e uns días antes, os  Ecovixiantes entregaban 125 quilogramos de plástico (Tapóns Solidarios) en Albarellos de Monterrey. “Estiveron hora e media clasificando e embotellando miles deles para a súa entrega a causas solidarias e urxentes”, explica Lalo, o profesor que dirixe a este entusiasta grupo cheo de valores e de solidariedade.

O Colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense é ademais centro de recollida de tapóns, actividade enmarcada no Plan Proxecta Recíclacte con Sogama.

 

Seleccionando Tapóns Solidarios.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button