OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes do Divina Pastora de Ourense únense ao reto Ecoembes

 

Xa está en marcha a campaña “Únete ao reto” promovida pola Consellería de Medio Ambiente e impulsada en colaboración con Ecoembes co fin fomentar a reciclaxe de envases lixeiros nun total de 15 concellos galegos pola vía da concienciación social e mediante a programación ao longo de tres meses de diversas accións de impacto na rúa.

Trátase da segunda edición desta iniciativa, que ten como obxectivo incentivar aos concellos participantes para que melloren polo menos nun 10% a porcentaxe das achegas que fixeron ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks) durante o mesmo período do ano anterior. 

 

Un dos cinceiros colocados polos Ecovixiantes do Divina Pastora.

 

No concello de Ourense, os Ecovixiantes do Divina Pastora uníronse ao reto e na xornada deste venres, acompañados polos seus profesores Cristina e Gonzalo, aportaron todos os envases lixeros que foron acumulando no colexio nos últimos días. “Un pequeno xesto para o obxectivo de desenvolvemento sostible número 13 Acción polo Clima, dentro do Plan Proxecta da Xunta, do Programa Stars España, e co aportación de material de Ecourense”, asegura o profesor Gonzalo Sánchez.

Coma sempre, aproveitaron a xornada para colocar cinceiros e recoller cabichas cos seus xa coñecidos cabichómetros, na zona da Alameda e da praza Bispo Cesáreo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button