En portadaÚltima hora

Os efectos da borrasca Bruno, no Barco

Os efectos da borrasca que se centrou en Galicia na tarde e noite do 27 de decembro, tamén se sentiron na comarca de Valdeorras. Especialmente pola noite, con intensas precipitacións e fortes rachas de vento que provocaban algún desperfecto como a rotura dunha persiana nun edificio fronte ao río Sil, no tramo que comunica o paseo do Malecón co casco vello do Barco. Unha cinta da Policía Local impide o paso en previsión de que poidan caer máis restos.

Ademais da auga e o vento, Bruno tamén deixou neve nas zonas altas de Ourense como a serra do Larouco, montañas dos parques naturais do Xures e O Invernadoiro, Peña Trevinca e estación de montaña de Manzaneda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button