En portadaÚltima hora

Os encoros do Miño-Sil contan cun 14,11% máis de volume que hai un ano

Dende decembro a reserva hidráulica foi aumentando paulatinamente ata acadar o máximo anual a finais de abril
Imaxe do río Sil ao seu paso polo Barco./ Foto: A.R.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), que preside José Antonio Quiroga, fai balance do ano hidrolóxico (do 1 de outubro 2017 a 30 de setembro de 2018), que vén de finalizar. Ao peche do mesmo, a auga nos encoros desta demarcación atópase ao 56,38% (-1.707,48 hm3), un 14,11% máis que a cantidade rexistrada hai un ano e un 1,64% máis que o cheo promedio histórico nestas datas do ano.

Os encoros da conca Miño-Sil, cunha capacidade total de 3.028,44 hm3, comezaban o ano hidrolóxico 2017/18 cunha reserva de 1.280,24 hm3, un 13,46% por debaixo do promedio histórico para esta época do ano, -1.688,77 hm3. “Debido a un outono seco, as reservas acumuladas descenderon ata acadar un mínimo a comezos de decembro, situándose ao 37,49% da súa capacidade por un volume de 1.135,26 hm3, o que supón un 20,09% por debaixo do promedio histórico”, segundo se indica dende a CHMS.

Asemade indícase que, a partir de decembro, e “grazas ás precipitacións rexistradas, a reserva foi aumentando paulatinamente ata acadar o máximo anual a finais de abril, 2.662,94 hm3, que supón un 10,88% por riba do valor promedio”. Este ano hidrolóxico vén de concluír cun mes de setembro no que o caudal medio mensual situouse nun valor lixeiramente superior ao promedio histórico, un 7,2%.

Artigos relacionados

Back to top button