EconomíaEconomíaÚltima hora

Os empresarios agotan as prazas do curso de comercio internacional da CEO

O curso está promovido pola CEO e a Deputación.

En poucas horas, as prazas ofertadas pola Confederación Empresarial de Ourense para recibir a formación sobre comercio exterior, quedaron esgotadas. Este curso era dirixido para empresarios e executivos ourensáns dentro do proxecto Exportou, constituído pola CEO e a Deputación de Ourense.

Segundo anunciou o vicepresidente da entidade, José Manuel Díaz Barreiros, durante a presentación: “tiñamos vinte prazas e nestes momentos contamos con 25 solicitudes para participar”. Tal circunstancia dá idea, abundou, “do interese que suscita o mercado exterior entre os nosos afiliados, así como a posibilidade de adquirir coñecementos sobre unha estratexia atraínte, pero que require dominio, posto que se trata dunha cuestión complexa e difícil non apta para principiantes en preocupación”, dixo.

O curso terá unha duración aproximada de 140 horas e dará comezo a próxima semana para rematar nos últimos días de xuño.

Díaz Barreiros lembrou que a Deputación aportou un total de 100.000 euros durante o presente exercizo, para dar respaldo a iniciativas destinadas a fomentar a internacionalización das empresas ourensás, nas que se inclúe a organización de misións comerciais inversas, como a que tivo lugar esta mesma semana con importadores chinos para o sector agroalimentario. Tamén indicou que as iniciativas responden a unha estratexia permanente da CEO, pero tamén á evolución das empresas ourensás neste campo, como demostra o feito de que o pasado ano crecesen as exportacións un 0,3%, achegándose aos 800 millóns de euros, sendo a terceira provincia galega.

Os sectores máis internacionalizados son téxtil, lousa, pedra, granito, o agroalimentario e as empresas auxiliares de automoción. E, no que se refire a Galicia, a comunidade liderou o mesmo período de crecemento das exportacións a nivel nacional, ocupado o terceiro posto e superando por vez primeira os 20.000 millóns de euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button