EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Os empresarios da construción valdeorreses fórmanse no ámbito da RSE

Asistían á xornada técnica “Non te arrisques, contrata seguridade. Non ao instrusismo!!”, promovida pola ACO e AEVA, na Casa Grande de Viloira (O Barco)

A responsabilidade social empresarial (RSE) “é a contribución activa e voluntaria á mellora da sociedade por parte das empresas. O intrusismo no sector da construción afecta ás dúas dimensións da RSE na empresa: interna (xestión de recursos humanos e saúde e seguridade laboral) e externa (intereses afectados polo instrusismo”. Deste xeito comezaba a súa ponencia sobre o “Intrusimo no ámbito da RSE”, Cesáreo Fernández Ríos, secretario xeral da ACO.

Con ela abríase o programa da xornada técnica “Non te arrisques, contrata seguridade. Non ao instrusismo!!”, que se impartía o 22 de novembro a partires das 19:30 h. no Salón de Actos da Casa Grande de Viloira (O Barco). Numerosos representantes do sector da construción valdeorrés asistían a esta xornada, promovida pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense en colaboración con AEVA.

Na súa intervención Fernández Ríos tamén comentaba as medidas que a ACO propón para frear o instrusismo neste sector: “informar e concienciar aos propios empresarios da construción”, “concienciar á cidadaníaa en xeral” , “formalizar denuncias” e “crear un observatorio para o seguemento e control da campaña con obxecto de establecer uns mecanismos para avaliar os resultados obtidos”. En conclusión, o secretario xeral da ACO sinalaba que “o instrusismo é unha lacra social e económica. É unha obriga de toda a sociedade loitar contra el para conseguir unha sociedade máis xusta e segura, dignificando así o sector”.

A xornada proseguía coas intervencións de Ruth Cobo Rodríguez, de Inspección de Traballo de Ourense, quen falará sobre “Economía somerxida. Obrigas do promotor e desprazamentos transnacionais”. Ademais, o avogado José Ricardo Pardo Gato, técnico superior PRL, abordaba a temática da “Responsabilidades civís, administrativas e penais das comunidades de propietarios por obras”. Despois abrirase un turno de rogos e preguntas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Un dos relatorios da xornada./ Foto cedida.

 

Esta xornada tiña lugar no salón de actos da Casa Grande de Viloira (O Barco)./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button