EconomíaEconomíaÚltima hora

Os empresarios do polígono barquense da Raña asinan un convenio con Abanca

Este acordo permitirá financiar investimentos neste parque empresarial “para apoiar a modernización e competitividade do tecido produtivo” da zona
Acto de sinatura do convenio entre a Asociación de Empresarios do Polígono da Raña e Abanca.

O presidente da Asociación de Empresarios do Parque Industrial da Raña (O Barco), Álvaro Blanco, e o director de zona de Abanca en Ourense Este, Diego Fernández, asinaban no mediodía do 27 de maio un convenio de colaboración.

A través deste acordo Abanca pon a disposición das empresas emprazadas nesta área industrial “un plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades. O documento inclúe produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos. Así, os empresarios do polígono contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización e xuros moi competitivos”, segundo se informa dende Abanca.

Ademais os empresarios terán a súa diposición outros produtos como pólizas de crédito, anticipos, coberturas de prezos sobre gasóleo, liñas de desconto comercial, confirming, factoring ou avais, segundo as súas necesidades.

Artigos relacionados

Back to top button