Os empresarios ourensáns e leoneses piden que se axilice a A-76 e o inicio da circunvalación do Barco

Transmitíanlle estas peticións ao presidente da Comisión de Infraestruturas do Congreso, Celso Delgado, nunha reunión celebrada en Ourense

Reunión dos empresarios co presidente da Comisión de Infraestruturas do Congreso, en Ourense.

Arredor das infraestruturas de comunicación entre Valdeorras, Ourense e León xiraba a xuntanza que representantes da Asociación de Empresarial de Valdeorras (AEVA), da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e da Federación de Empresarios de León (FELE) mantiñan co presidente da Comisión de Infraestruturas do Congreso, Celso Delgado Arce, en Ourense. O encontro era auspiciado pola CEO e tiña lugar na súa sede na cidade.

 

O deputado Celso Delgado Arce, intervindo na reunión./ Foto: Carlos G. Hervella.

O obxectivo da reunión era conseguir información de primeira man sobre o estado dos proxectos para a construción da autovía A-76 (que conectará as comarcas do Bierzo, Valdeorras, Lemos e Ourense), así como a estrada de circunvalación que permitirá levar o tráfico pesado fóra do casco urbano barquense. Ambas infraestruturas son consideradas vitais para Valdeorras, dada a importancia que ten para a economía da comarca a mellora das conexións por estrada. “Ambas obras significarían un salto cualitativo para as empresas de Valdeorras, pois permitiríanlle achegarse aos mercados en tempo real, pero tamén para Ourense e as comarcas máis próximas de León, posto que facilitarían a competitividade e a apertura cara novos mercados”, segundo se indica dende a CEO.

 

Outro dos momentos da xuntanza á que tamén asistía á presidenta de AEVA, Araceli Fernández./ Foto: Carlos G. Hervella.

Celso Delgado recoñecía a importancia de ambas infraestruturas e achacaba os retrasos ao proceso de tramitación administrativa que debe seguirse antes do inicio das obras, sobre as que se amosaba optimista. Neste senso, os representantes empresariais agradeceron as explicacións de Delgado, pero anunciaron que seguirán de preto a evolución desta cuestión e levarán a cabo accións para lograr que se aceleren os proxectos e comecen as obras canto antes.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies