EconomíaEconomíaÚltima hora

Os empresarios do Polígono de San Cibrao e a Deputación estudan facer unha zona franca

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, Elías Mera, falaron de diferentes asuntos nunha xuntanza no Pazo Provincial
Yolanda López, Elías Mera, Manuel Baltar e José Enrique Rodríguez.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, Elías Mera, o vicepresidente desta entidade, José Enrique Rodríguez, e a secretaria da asociación, Yolanda López mantiveron hoxe, 9 de outubro, un encontro no Pazo Provincia.

Na reunión, Baltar e Mera analizaron novas iniciativas de cooperación público-privada para desenvolver conxuntamente entre a institución provincial e a asociación de empresarios, entre as que figuran analizar as posibilidades do establecemento dunha zona franca, e a elaboración dun estudo económico sobre “O Polígono en cifras”. Manuel Baltar destacou a “importante alianza de colaboración existente entre a Deputación de Ourense e a Asociación de empresarios do Polígono, que se traduce en cooperación, entre outros, nos ámbitos do emprendemento, a internacionalización de empresas ou mesmo na colaboración que a institución provincial presta ao polígono de San Cibrao das Viñas no ámbito das emerxencias e bombeiros”.

Artigos relacionados

Back to top button