En portada

Os empresarios valdeorreses e a D.O. lanzan unha campaña de Nadal conxunta

O viño será o protagonista na decoración dos 114 establecementos participantes nela
Presentación da campaña de Nadal de AEVA e do Barco CCA na que participa tamén o CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Presentación da campaña de Nadal de AEVA e do Barco CCA na que participa tamén o CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e o O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) veñen de presentar a campaña de Nadal 2015, na que unen forzas co Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Así a primeira das novidades desta iniciativa é que terá como protagonista ao viño desta zona produtiva na decoración dos 114 establecementos participantes.

A través dun acordo entre os empresarios e o consello regulador, aos comercios entregaráselles un portafotos de metacrilato, cunha base-bandexa de lousa e unha botella de viño. O portafotos levará cun cartaz co lema da campaña: “Por aquilo que nos une: Valdeorras únenos e xuntos somos máis”. Ademais sortearanse cada semana estuches de viño valdeorrés. Para iso editaranse rifas que poderán ser cubertas polos clientes do comercio valdeorrés para entrar nese sorteo.

Esta campaña presentábase na tarde do 10 de decembro na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close