EconomíaEconomíaÚltima hora

Os empresarios valdeorreses e leoneses convocan a comisión de seguemento da plataforma da A-76

A reunión está programada para o vindeiro 24 de xullo no Centro de Formación de AEVA no Barco

Despois de moitos meses sen reunirse, os presidentes da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e do Círculo Empresarial Leonés-Bierzo veñen de convocar unha xuntanza da Comisión de seguemento da Plataforma en defensa da Autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) para o vindeiro 24 de xullo no Barco.

O obxectivo da reunión, segundo os empresarios, é “procurar a axilización dos proxectos desta infraestrutura”. Ao encontro están convocados os rexedores do Barco, Ponferrada e Monforte de Lemos, ademais dos empresarios de Lugo.

Artigos relacionados

Back to top button