En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os equipos base do CD Barco, inmersos na Copa Deputación

Infantís, cadetes e xuvenís disputaron o 16 de abril no Campiño de Viloira os partidos da 3ª xornada

Intensa foi a actividade futbolística o sábado 16 de abril no Campiño de Viloira. Ali, sobre o céspede artificial xogaron os tres equipos das categorías inferiores do Centro de Deportes Barco que se atopan inmersos no sistema de liga a unha volta da Copa Deputación 2016.

Os primeiros en xogar, pola mañá, eran os pequenos, o equipo infantil adestrado por Paco Paradelo que se enfrontaba sobre o céspede ao Ribeiro Fútbol Club. O encontro saldábase cunha contundente vitoria para os locais por 5 goles a 1.

Xa pola tarde, ás 16 horas, tocáballe o turno aos cadetes diixidos por Gunty, que lograban un axustado empate a 3 goles fronte á U.D. Ourense. O mesmo rival (o equipo xuvenil da U.D. Ourense) tiñan os últimos en xogar, os xuvenís de Ricardo prada que tamén remataban o encontro cun empate, no seu caso a 2 goles para cada equipo.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button