OurenseÚltima hora

Os equipos de fútbol sala e fútbol de Ourense únense nun partido solidario no Pavillón dos Remedios

Na iniciativa participan a U.D. Ourense, Cidade das Burgas F.S., Sala Ourense, Ourense Envialia e Ourense C.F.

Presentación do partido.

“Unidos polo balón” e “Asiste e mete un gol polos nenos”. Son os lemas do partido solidario mixto que se celebrará o 29 de decembro ás 18h. no pavillón ourensán dos Remedios.

O formato será un partido de fútbol sala mixto en catro cuartos de 12 minutos: Envialia e Sala Ourense-Cidade das Burgas e U.D. Ourense. Segundo o acordado, os tándem Kike García-Morenín por un bando e Codeso-Fernando Currás por outro deberán ter 2 xogadores de cada sexo en pista, sendo la portería rotatoria.

O custe da entrada será un quilo de alimentos ou un xoguete novo ou en bo estado que serán recollidos por voluntarios da asociación xuvenil Amencer e no descanso do partido haberá sorteos e sorpresas.

No evento tamén colaboran o Club Ximnasia Pavillón e a Escola de Patinaxe en Liña Roller Ourense que farán unha exhibición nos descansos do primeiro ao segundo cuarto, e do terceiro ao cuarto.

Artigos relacionados

Back to top button