DeportesGalerías de fotos

Os equipos do Auriense FG caen en Ourense contra Fill@s de Breográn

A vindeira fin de semana os ourensáns xogarán a derradeira xornada de liga ante Estrela Vermella de Santiago

Cunha derrota agridoce para os locais, remataba a xornada do 11 de marzo en Ourense que enfrontaba aos equipos do Auriense FG e Fill@s de Breogán da Coruña.

Tal como explican dende o club ourensán, no partido que abría a tarde, o equipo masculino caía xustamente contra un equipo que comezou o partido cun ritmo alto e anotando en practicamente todos os seus ataques, polo que pouco puideron facer os locais. Ao final, Auriense 2-7(13) – Fillos 4-20(32).

Pola súa banda, o equipo feminino que xogaba contra o mellor equipo da categoría, a piques estivo de dar a gran sorpresa da xornada, logrando un partido moi igualado, a catro tantos das suas rivais. Ao final, Auriense 5-7(22)-Fillas 4-14(26). Un resultado que demostra que o equipo local “pode competir contra calquera dos equipos da parte alta da táboa”.

A vindeira fin de semana visitarán Ourense os equipos do Estrela Vermella de Santiago de Compostela, na derradeira xornada de liga.

Artigos relacionados

Back to top button