DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os equipos do Barco dominan as finais do X Torneo de fútbol

Na final xuvenil, os barquenses vencían aos de Ponferrada

Por décimo ano consecutivo o Campiño de Viloira converteuse durante cinco días, no epicentro do fútbol base. Un total de 33 equipos de Valdeorras, Monforte,Trives e O Bierzo (4 na categoría pre benxamín, cinco na benxamín, catro na alevín, cinco na infantil, seis na cadete e nove na xuvenil) participaban entre o 6 e o 10 de xuño, nunha nova edición do Torneo de fútbol “Vila do Barco” no que os equipos barquense coparon as finais.

Despois de catro intensos días de partidos (os tres primeiros en horario de tarde e o resto durante toda a xornada), na tarde do domingo 10 de xuño tiñan lugar as finais que se resolvían do seguinte xeito: na categoría benxamín, Exclusivas Morales C.D. Barco vencía a Peluquería Nilo C.D. Barco; na alevín, Ramilu C.D. Barco vencía a Divina Pastora; na infantil, Ayasa C.D. Barco vencía a Skese F.C; na cadete, Abril C.D. Barco vencía a Puente; e na xuvenil, Construcciones Pacio C.D. Barco vencía a Sparta Ponferrada.

Malia a chuvia, especialmente intensa nas últimas horas do sábado e do domingo, numeroso público se achegou un ano máis ata Viloira para animar aos rapaces e desfrutar do fútbol.

Fotos: Mónica G. Bellver a excepción da primeira que é cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button