DeportesÚltima hora

Os equipos feminino e masculino do Adas, na XIV Copa de Clubs de pista cuberta

Esta competición de atletismo, que reunirá aos oito mellores equipos galegos actuais nas dúas categorías, desputarase o 7 de xaneiro en Ourense

 

“Representa o primeiro test importante para os equipos de cara a perfilar as súas distintas ligas e ademais será unha boa ocasión, para ver en acción as novas incorporacións de cara a esta nova tempada”. Así se presenta dende a Federación Galega de Atletismo a Copa de Clubs de pista cuberta que se desputará o vindeiro 7 de xaneiro ás dez de mañá en Ourense e que está considerada “dunha das probas máis emocionantes do calendario autonómico”.

Entre os clubs participantes estará o Adas Proinor do Barco, que competirá tanto na proba feminina como na masculina. Así na categoría feminina tomarán parte de maneira directa os catro primeiros equipos clasificados no Campionato de Clubs de Aire Libre do ano pasado na que as ferroláns do RIA foron as gañadoras. Xunto elas competirán polo título, o Atletismo Feminino Celta, o ADAS-Proinor e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, estando acompañados por outras catro entidades que por estadillo completarán o total de oito conxuntos (Lucus Caixa Rural, Club Atletismo Santiago, Escola Atlética Lucense e Riazor Coruña).

Na categoría masculina, e xunto ó gañador do ano pasado (a Sociedade Ximnástica de Pontevedra) estarán clasificados de maneira directa o Real Club Atletismo Celta, C.A. Narón e C.A.Santiago, ás que se suma para esta proba a incorporación por estadillo do Lucus Caixa Rural, Riazor Coruña, ADAS-Prionor e Marineda Atlético.

Trátase dunha proba organizada pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e comezará a partir das 10.30 h.

 

Acto de presentación desta proba galega de atletismo no Concello de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button