OurenseÚltima hora

Os equipos ourensáns CH Barrocás e Villar Ourense, campións da Copa Galicia 2022 de hóckey herba

Os equipos vencedores.

 

Os equipos ourensáns CH Barrocás (categoría masculina) e Villar Ourense (categoría feminina) proclamáronse campións da Copa Galicia 2022 de hóckey herba, celebrada no campo de Mariñamansa (Ourense), do 13 ao 15 de maio.

Na categoría masculina o CH Barrocás derrotou por 9 a 0 a outro club ourensán, o CH Albor. Un triunfo incontestable, do gran favorito, que tamén se proclamou campión da liga galega de Primeira nacional. No partido polo 3º e 4º posto, o At. Coruña impúxose por 4 a 2 ao club ourensán do CSA Ourense.

Na categoría feminina, as campioas foron as ourensás do Villar Ourense, que se impuxeron ao CH Albor (Ourense) na rolda de shoot outs tras un partido moi igualado que terminou con empate a 1. A medalla de bronce foi para o At. Coruña, que venceu ás viguesas do Atlántico HC tamén na rolda de penaltis ou shoot outs.

Con este torneo rematan as competicións a nivel autonómico, e nas próximas fins de semana comezan as fases de ascenso para os primeiros clasificados na competición galega.

 

Artigos relacionados

Back to top button