DeportesFútbolÚltima hora

Os equipos ourensáns de Terceira División xogarán nun subgrupo do sur de Galicia

Así o propón a Federación Galega de Fútbol, cun reparto en base a criterios xeográficos

No día de hoxe. mércores 12 de agosto, o presidente da Real Federación Galega de Fútbol (FGF), presentoulle aos equipos de Terceira División a distribución dos 24 equipos participantes en dous subgrupos de 12 equipos cada un. Un reparto feito en base a criterios xeográficos, tal e como solicitaron os propios clubs. Deste xeito, os 12 equipos que pertencen ás provincias de Lugo e A Coruña quedarán encadrados no Subgrupo 1 e os 12 das provincias de Ourense e Pontevedra no Subgrupo 2.

 

Ourense CF-CD Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Polo tanto, no subgrupo do sur xogarán CD Barco, Ourense CF, UD Ourense, CD Arenteiro, UD Atios, CD Pontellas, Rápido de Bouzas, CD Choco, Alondras CF, CD Ribadumia, Arosa SC e CD Estradense.

Ademais, aínda que a RFEF non informou do modelo de competición, sábese que as datas de comezo serán en outubro, sempre que o permitan as autoridades sanitarias, e que haberá dous ascensos directos a 2ªB e o terceira clasificado xogará unha promoción de ascenso con equipos doutras zonas territoriais.

Artigos relacionados

Back to top button
Close