EconomíaEconomíaÚltima hora

Os ERTEs e as súas consecuencias, eixe do Webinar celebrado pola CEO

A directora, Marisol Nóvoa considera importante planificar a actividade empresarial coñecendo canto antes o acordo sobre o futuro dos ERTEs

Os ERTEs e súas consecuencias para empresas e traballadores foron o eixe central do Webinar “Ya he presentado un ERTE de fuerza mayor, ¿y ahora qué?”, celebrado hoxe pola CEO coa colaboración de Garriges. A videoconferencia tivo lugar nesta tarde de 10 de xuño e analizaronse, dende un punto de vista práctico, as distintas ferramentas coas que contan as empresas á hora de facer fronte ao impacto económico e social do Covid-19 en materia laboral.

 

Durante a videoconferencia.

 

A directora da CEO, Marisol Nóvoa, presentou aos poñentes de Garrigues e sinalou que se sumaba á petición de CEOE de acordar canto antes a extensión dos ERTEs ata finais de ano. “O empresario afectado necesita facer balance e previsión de todos os posibles escenarios aos que se enfronta e non ir actuando sobre a marcha”, afirmou.

Así, os membros do despacho de avogados de Garrigues analizaron os puntos relevantes que xeraron os ERTEs no tecido produtivo dende a súa tramitación. Os responsables dos departamentos de Dereito Laboral, Litigación e Arbitraxe e Tributario, Carlos García Barcala, Borja Ríos González, Jose Fernández Iglesias e Nicolás Santos Padín, abordaron cuestións sobre a tramitación e a denegación dos ERTEs, as diferenzas entre os de forza maior e os basados en causas ETOP (económicas, técnicas, organizativas e produtivas), ou a garantía de mantemento do empleo trala aplicación dun ERTE.

Ademais, os poñentes de Garrigues abordaron cuestións que cobraron importancia a raíz da pandemia, como as medidas de flexibilidade e conciliación familiar, a moratoria e aprazamento no pago de cotizacións, a prevención de riscos dende a perspectiva laboral e penal na época do Covid-19.

Artigos relacionados

Back to top button