ConcellosGalerías de fotosQuirogaÚltima hora

Os escaparates de Quiroga vístense de Nadal

 

Alentados polo Concurso de Decoración de Establecementos e Fachadas 2020 convocado polo Concello e que repartirá preto de 500 euros, os comercios de Quiroga visten xa de Nadal.

Nesta galería de imaxes facemos un percorrido pola decoración nos escaparates nesta localidade lucense, dende a Casa do Concello ata as prazas e moitos establecementos comerciais (de roupa, de alimentación, librarías,…) que locen vestidos de gala como o mellor reclamo para estas datas.

 

Paquetes co selo da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

 

O concurso ten dúas categorías, unha para os establecementos da vila e a outra para as vivendas, e en cada unha elixiranse tres gañadores que recibirán 100, 75 e 50 euros en vales para gastar no comercio local. Será o día 5 de xaneiro cando se dé a coñecer a decisión do xurado.

 

Decoración de Nadal no Concello de Quiroga.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button