ConcellosÚltima hora

Os escolares de Barbadás debaten as súas mocións nun Pleno Infantil

Entre o aprobado está a creación dun zoolóxico, un instituto na vila ou un parque temático

O alumnado de 6º de Primaria dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro de Barbadás convertéronse por unhas horas en pequenos concelleiros para debater diferentes mocións nos plenos infantís organizados hoxe, 12 de decembro, e o pasado día 5.

Entre as mocións que presentaron figuraban temas como a de organizar obradoiros para novos e maiores onde compartir coñecementos, a creación dun parque temático, así como dun zoo nos Castros ou unha horta na Valenzá. Tamén solicitaron melloras nas instalacións da Escola de Música e na seguridade nos pasos de peóns.

Así é todo, foron dous os temas os que máis lle interesaron, que era a creación dun carril bici, e dun instituto na súa localidade.

Segundo informan dende o Concello, case todas as mocións foron aprobadas por maioría. Na sesión plenaria do 5 de decembro, foi o tenente de alcalde, Xosé Manuel Fírvida, o encargado de presidilo. Por outra banda, no pleno de hoxe, 12 de decembro, foi o propio rexedor municipal, Xosé Carlos Valcárcel o que moderou o debate.

Artigos relacionados

Back to top button