CulturaCulturaÚltima hora

Os escolares do Barco asistirán mañá á representación da obra en inglés “Unboxing Alice”

Será no Teatro Lauro Olmo en dúas sesións: ás 10 e ás 12 horas

Escolares nunha actividade no Teatro Lauro Olmo. /Foto: A.R.

 

A obra Unboxing Alice, versión actualizada do clásico de Lewis Carroll Alicia no País das Marabillas interpretada en inglés, chega mañá luns 3 de febreiro ao Barco de Valdeorras con funcións ás 10 e ás 12h. no Teatro Lauro Olmo.

Máis de 400 escolares da vila acudirán a ver esta obra teatral cuxo desenvolvemento se articula a través da participación dos espectadores. Alicia volverá visitar o país das marabillas despois de moito tempo, e Tweedledee e Tweeledum guiarana, xunto cos asistentes, a través desta fantástica e disparatada viaxe. Para iso asimilarán os novos métodos de comunicación, como os vídeos de unboxing realizados polos youtubers, facendo desta obra unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresárense en inglés.

Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Corrente Cultural” posible grazas á colaboración entre o Concello do Barco de Valdeorras, Abanca e Afundación.

Artigos relacionados

Back to top button