CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima horaVídeos

Os escolares do Barco de Valdeorras percorren a vila pola paz en Ucraína

 

En torno ás once desta mañá, os escolares dos seis centros do Barco de Valdeorras (Colexio Divina Pastora, CEIP Otero Pedrayo de Viloira, IES Lauro Olmo e Martaguisela, CEIP Julio Gurriarán e CEIP Condesa de Fenosa) saían dos seus respectivos colexios, percorrendo o centro da vila nunha marcha pola paz en Ucraína que rematará na praza do Concello.  Alí lerán un manifesto e colgarán as pancartas previamente elaboradas dende as diferentes aulas, con algún tipo de motivo en relación á paz en Ucraína.

 

 

 

Esta iniciativa nace dos propios centros escolares co fin de “reivindicar o dereito dos pobos a vivir en paz e liberdade, a resolución pacífica dos conflitos e a solidariedade da comunidade educativa barquense con todas as xentes que teñen a desgraza de vivir e sufrir unha guerra e, en particular, co pobo ucraíno”, tal como aseguran dende a organización.

Neste vídeo pode verse aos rapaces percorrendo a rúa Conde Fenosa.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Vídeos: Mónica G. Bellver/ A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button