OurenseSen categorizarÚltima hora

Os escolares do IES Ferro Couselo de Barbadás aprenden a sacar a súa mellor versión

Este programa educativo traballa en dúas vertentes: habilidades sociais e intelixencias múltiples
Sesión formativa de hoxe.

A Concellería de Educación e de Mocidade do Concello de Barbadás participan conxuntamente co instituto Ferro Couselo cun proxecto educativo chamado “A túa mellor versión”.

O obxectivo deste proxecto é “sacar a mellor versión do alumnado do centro de ensino secundario a través de dúas liñas de traballo nas aulas”. Unha desas liñas ten como eixo as “intelixencias múltiples”, cuxa finalidades é que o alumnado descubra as moitas e diversas capacidades que ten cada estudante.

A través desta primeira liña de trabalo pretenden ofrecer ao alumnado unha ferramenta de orientación e motivación que poderá axudarlles a unha toma de decisións reflexivas en base ao seu futuro profesional.

A segunda liña de traballo céntrase nas “habilidades sociais”, necesarias e indispensables para unha convivencia sa e respectuosa. O traballo con habilidades sociais constitúe tamén a vía necesaria para a prevención de condutas inadecuadas e indesexadas, como pode ser a falta de respecto á diversidade, a violencia de xénero e o acoso.

Debido ás alarmantes cifras de acoso escolar e ciberacoso existentes requiren que os expertos formen ao alumnado en “valores” necesarios para unha convivencia sa. Por este motivo, este tipo de programas realizáronse durante a xornada lectiva para involucrar a toda a comunidade escolar: dirección, profesorado, pais e alumnado.

A concelleira de Mocidade, Ánxela González, destacou a importancia desta colaboración e fixo alusión á relevancia que ten traballar “en prevención de condutas de discriminación por cuestión de xénero”. Pola súa banda, a concelleira de Educación, Marga Pérez, resaltou o beneficio educativo desta iniciativa para “a orientación sobre o seu futuro” no alumnado de bacharelato.

Eva Muñoz e Lara Arribas son as coordinadoras do proxecto, cuxos obxectivos marcados son: que se coñezan e valoren, que desenrolen capacidades e talentos, que aprendan a actuar en situacións conflictivas, que melloren as relacións e a empatía cos demais, que se sintan capaces de superar as dificultades e que decidan con máis criterio cuestións que influirán no seu futuro.

Artigos relacionados

Back to top button