DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os Escualos de Ourense, entre os participantes no campionato galego de natación máster de inverno

A competición autonómica reunirá en Pontevedra a máis de 400 deportistas

A piscina do complexo deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, acollerá esta fin de semana o campionato galego de natación máster de inverno open. Unha competición que reunirá a máis de 400 deportistas de 26 clubs entre os que estará o Escualos Campus da Auga.

Cun total de 27 nadadores, o club ourensán intentará superar o 9º posto do ano pasado. “As ilusións son máximas e a confianza moi alta debido ao crecemento do equipo nesta tempada e os bos resultados acadados na liga galega que nos colocan no ecuador da competición, no 5º posto e cerca do terceiro clasificado”, aseguran dende Os Escualos.

A competición comezará o sábado 19 de xaneiro ás 17h. e desenvolverase en tres sesións: unha ese día pola tarde, outra o domingo 20 de xaneiro pola mañá e a derradeira o domingo pola tarde. Os nadadores poderán competir como máximo en tres probas individuais e outras tantas por relevos.

Artigos relacionados

Back to top button