ConcellosÚltima hora

Os espectadores do autocine de Verín poderán disfrutar de menús da hostalaría local mentres ven “María Solinha”

Antes da estrea, o equipo da película, encabezado polo director Ignacio Vilar, visitará a adega Gargalo

Parking escenario do autocine de Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

As persoas que asistan o vindeiro domingo 21 de xuño á estrea do filme “María Solinha”, do director valdeorrés Ignacio Vilar, poderán desfrutar nos seus coches dos menús da hostalaría local, a través da web rumbonosmovemosporti.com. Algúns deseñaron un menú específico para autocine, e os demais terán a carta habitual neste espazo.

Os espectadores poderán acceder dende as 20:30 ao parking central de Verín. A gala de estrea comezará ás 21.30, e a película se proxectará a continuación, no entorno das 22.30.

Os Menús Autocine terán un custo de 8,50 euros (máis a tarifa de Rumbo, de 2,50 euros). Todos inclúen bebida a elixir (refresco, cervexa ou auga)

  • Restaurante Zapatillas: croquetas e empanadillas caseiras, tosta de xamón serrano.
  • Regueiro da Cova: bocadillo de polledpork con guacamole e patata asada.
  • Souto das Candeas: hamburguesa ecolóxica do Riós con patatas.

Ademais, o Concello de Verín vén de emitir un bando para advertir aos veciños de que dende o propio domingo ás 10:00 non se poderá aparcar vehículos no parking centro, e que a zona pequena deste aparcadoiro libre á que se accede dende  a rúa Luís Espada (“Zapatillas”) si quedará hábil para o seu uso, sendo o acceso de dobre sentido.

 

 

 

Visita adega Gargalo

O plantel de actores da película “María Solinha” visitarán o próximo domingo ás 18:00 a adega de Roberto Verino en O Gargalo, encabezados polo seu director, Ignacio Vilar, horas antes da estrea  en autocine da película en Verín.

O director do filme “María Solinha”, Ignacio Vilar, afirmou que a súa visita ás instalacións de Adegas Gargalo quere exemplificar “o seu compromiso cos viños de Monterrei e os de toda Galicia, nun momento en que todos temos que reinventarnos, como facemos nós coa aposta que lidera Verín polos autocines”. No viño, afirmou Vilar, “Roberto Verino é pioneiro na promoción do enoturismo e dos viños de Monterrei, e queremos ser os primeiros en brindar con el por iso”.

Artigos relacionados

Back to top button