ConcellosÚltima hora

Os esperpentos de Valle Inclán en galego chegan ao Barco

O Centro Dramático Galego representará “Martes de Carnaval” o 12 de maio ás 21h. no Teatro Lauro Olmo

 

Escena de “As galas do defunto”./ Foto: CDG.

A xira do Centro Dramático Galego (CDG) coa súa produción Martes de Carnaval, de Valle-Inclán, chegará á provincia de Ourense o12 de maio. O escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco será o primeiro ourensán no que se representará esta peza, dirixida por Marta Pazos. Será ás 21h.

Esta proposta leva a escena por vez primeira en galego as obras de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán. Conta cun destacado elenco de 10 actores e actrices (Iria Azevedo, César Cambeiro, Mercedes Castro, Anabell Gago, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, María Roja, Machi Salgado e Sergio Zearreta) que lle darán  vida aos máis de 30 personaxes que suman as dúas pezas, “nun esixente traballo interpretativo e mesmo físico, que require tamén dunha gran rapidez e precisión técnica entre bambolinas”, segundo se destaca dende o CDG.

 

Escena de “A filla do capitán”./ Foto: CDG.

As entradas para a función de Martes de Carnaval mañá no Barco poden adquirirse a un prezo de 5 euros na oficina do Teatro Municipal Lauro Olmo en horario de 12,00 a 14,00 horas ou no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo do espectáculo.

Despois de pasar polo Barco, a compañía porá rumbo cara ao Teatro Principal da cidade das Burgas, onde representará este espectáculo o venres 19, ás 11,00 horas, para centros escolares de Ourense e comarca, e o sábado 20, ás 20,30 horas, para público xeral.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button