OurenseÚltima hora

Os expertos reclaman en Ourense a vinculación “natural e necesaria” entre turismo e deporte

O I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo celébrase en Expourense convocando a una vintena de expertos y a 350 asistentes

 

Coa intención de “converterse nunha cita internacional en próximas edicións”, en palabras do secretario xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa, arrancaba o I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo que se celebra hoxe e mañá en Expourense.

Durante a súa intervención no acto inaugural ao que asistían unhas 350 persoas, Lete Lasa falou da vinculación “natural e necesaria” entre turismo e deporte aludindo a que este sector “ten  grandes oportunidades de futuro porque en 2030 haberá máis de 1.800 millóns de turistas. O cambio climático e a presión ecolóxica provocará que o viaxeiro elixa destinos relacionados coa natureza e sostibles, e nisto Galicia será un reducto con moito futuro”, dixo.

O secretario xeral estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Turismo Nava Castro; polo presidente do comité executivo de Expourense e tenente alcalde de Ourense Jorge Pumar; polo vicepresidente da Deputación de OurenseRosendo Fernández; e polo concelleiro de Deportes de Ourense Mario Guede. Durante a súa intervención Nava Castro, que tamén participou como ponente no congreso, deu datos da relevancia do turismo en Galicia, que son moi similares aos do turismo en España. “É un sector que representa en Galicia o 11% do PIB e que supón o 12% do emptego xerado na comunidade. Estamos a punto de superar os 5 millóns de turistas e alcanzar ou sobrepasar incluso as cifras de 2017, as mellores ata o momento”, dixo. Tamén sinalou o incremento do 3% da demanda turística rexistriu Ourense que seguirá crcendo coa chegada do AVE xa que, “Ourense é a porta de entrada a Galicia”. Nava Castro declarou ademais que “o deporte é o modo máis intelixente e adecuado de enriquecer a oferta turística de Galicia”.

Neste congreso, inaugurado na mañá 14 de novembro, unha veintena de ponentes España e Portugal que son expertos en turismo deportivo, “un dos subsistemas turísticos con maior crecemento interanual”, aseguran dende Expourense. Das intervencións nesta primeira xornada extráense conclusións como que o turismo deportivo é “un obxecto de desexo e un arma de construcción masiva” como comentou Pedro Egea de Costa Blanca Sports, quen indicou que se trata “dun gran catalizador do desenvolvemento socioeconomico dun territorio e sobre todo de aqueles do entorno rural. Egea apelou ademais á necesidade da colaboración “privado-pública” onde a iniciativa sexa sempre do sector privado que despois solicite colaboración ao público, e non ao revés.

O congreso continuará mañá venres 15 de novembro ata as 13:45 h. momento no que comezará a III edición de Sportur Galicia, o Salón do Deporte e Turismo Activo, aberto ata o sábado.

Artigos relacionados

Back to top button