SanidadeÚltima hora

Os farmacéuticos ourensáns recomendan extremar as precaucións ante as altas temperaturas que sufre a provincia

“A hidratación é un factor clave ”, sinala  Vicente J. Álvarez, presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense
Mapa coas temperaturas máximas para hoxe.

Segundo as estimacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán acadarse ata 42º na zona do MIño en Ourense, un episodio de temperaturas máximas de nivel vermello que se iniciará en torno ás 14 horas de hoxe, 3 de agosto. No resto da provincia de Ourense segue vixente a alerta laranxa por altas temperaturas.

Unha situación extrema na que os nenos, os maiores de 65 anos, as embarazadas e as persoas con sobrepeso ou enfermas –especialmente aquelas que padezan hipertensión, alerxias respiratorias, problemas renais ou patoloxías cardiovasculares- son os colectivos que presentan maiores riscos. Por este motivo, o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense recomenda extremar as precaucións e fai fincapé,  fundamentalmente, na relevancia da hidratación. “É fundamental inxerir abundante auga estes días (entre dous e tres litros diarios) para manter o balance hídrico do organismo”, sinala o presidente do COFO, Vicente J. Álvarez.

Outras recomendacións que eo COFO quere trasladar á poboación para evitar os efectos adversos do calor sobre o organismo son: seguir unha dieta lixeira con abundancia de froitas e verduras; vixiar  especialmente o estado dos alimentos, xa que pode verse afectado polas altas temperaturas; vestir con roupa de cor branco e tecidos lixeiros e naturais; ou evitar o exceso de actividade física e a realización de accións no exterior, especialmente durante as horas centrais do día.

 

Artigos relacionados

Back to top button