SanidadeÚltima hora

Os farmacéuticos ourensáns, recoñecidos polo seu labor durante a pandemia

 

Esta mañá o presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos (COF) de Ourense, Santiago Leis Vence, recollía en Madrid a Distinción Honorífica que o Colexio Oficial de Farmacéuticos da capital de España lle oturgou á entidade ourensá polo seu labor durante a pandemia.

Deste xeito, os farmacéuticos madrileños recoñecen o traballo dos seus colegas ourensáns “ao activar, en plena segunda onda da pandemia (hai agora un ano), a posta en marcha de test serolóxicos rápidos nas oficinas de farmacia para detectar anticorpos de Covid-19”, segundo resalta a entidade colexial provincial.

Máis de 50 farmacias de seis municipios da provincia de Ourense participaron nesta iniciativa, promovida entre outubro e decembro de 2020 en colaboración coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

 

 

Ao recoller a distinción, Santiago Leis Vence quixo agradecer o traballo realizado polos farmacéuticos da provincia, así como o do sector da distribución, os traballadores do COF Ourense, os presidentes do resto de colexios farmacéuticos de Galicia e o Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos de España, polo seu respaldo á iniciativa.

Artigos relacionados

Back to top button